jueves, 10 de enero de 2013

As ondas do mar rozaban os meus pés, deixando un regusto frio e salgado nos meus dedos. Alonxeime de alí coa mirada clavada na area tentando contar todos os granos que a forman. Mentres o sol ocúltase tralo horizonte, dando paso a unha gran lúa branca e sinxela, anhelante dunha nova vida.
Na parte alta detivenme a contemplar aquela praia. Levaba anos visitándoa, dende que era apenas un rapaz incapaz de camiñar pola area sen axuda, que ría ó contacto coa auga. E alí estaba un montón de anos despois, nin eu sabía cantos, sendo un vello incapaz de camiñar pola area sen tropezar cinco veces cada catro pasos, recordando tódalas horas alí pasadas. Disfrutando do verán ano tras ano, primaveira tras primaveira. Namorándome dunha rapaza nova e sentindo o desgarro da separación coa chegada de cada setembro, ata que chegou ela. Pura como a primavera, dolorosa como outono.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario